O Programa

O Programa SONEXECUTIVA é un programa de potenciación do liderado feminino no ámbito profesional, dirixido a mulleres galegas, que inclúe accións formativas e un programa de coaching individual, para a súa promoción profesional mediante o incremento dos seus coñecementos de xestión executiva e potenciando así o liderado feminino.

Trátase dun programa gratuíto que a Xunta de Galicia pon á disposición das mulleres galegas co fin de potenciar as súas habilidades de liderado.

Obxectivos do Programa

O obxectivo xeral do programa é potenciar o liderado feminino no ámbito profesional.

Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:

  • Mellorar os coñecementos de xestión executiva e potenciar o liderado feminino das mulleres galegas, de forma que poidan acceder aos postos directivos e á alta dirección das empresas.
  • Contribuír á participación en postos de maior responsabilidade por parte das mulleres nas empresas galegas, fomentando a diversidade na toma de decisións estratéxicas das organizacións.
  • Provocar que as mulleres sexan as protagonistas do seu propio desenvolvemento e que consigan as súas metas profesionais. Achegar coñecementos e habilidades en liderado, creatividade e empoderamento feminino a través de formación de nivel avanzado.
  • Contribuír coas xornadas de inauguración e peche do programa, nas que se desenvolverán dinámicas de alto impacto, co fomento da aprendizaxe de forma emocional a través da experiencia vivida, deixando unha pegada nas participantes que impulse o cambio.
  • Contribuír coas sesións de coaching individuais á mellora do propio coñecemento das profesionais galegas, das súas habilidades e capacidades directivas, logrando un programa de desenvolvemento personalizado para cada unha das participantes de acordo coas súas circunstancias.
  • Concienciar ás participantes do seu protagonismo no seu propio desenvolvemento e capacidade de consecución das metas profesionais.

Antecedentes

Esta iniciativa da Xunta de Galicia nace no ano 2011 coa primeira edición do Programa Executiva, cun plan de formación en liderado para 200 mulleres galegas.

A Xunta de Galicia sigue apostando por esta iniciativa despois de tres edicións co fin de formar ás profesionais e promocionalas para que alcancen postos de liderado e dirección, así como empregos de alta dirección para aquelas mulleres con experiencia directiva, e deste xeito acadar unha maior presenza da muller en ámbitos de responsabilidade.

Quen pode participar

O programa está dirixido a 400 mulleres galegas, ou con centro de traballo en Galicia, con algún cargo directivo e experiencia profesional, ademais de a empresarias en activo, como autónomas ou que estean a desenvolver responsabilidades de xerencia dunha pequena ou mediana empresa, e a recentes tituladas universitarias ou de FP, con perfil de alta cualificación, que desexen acceder a postos intermedios nas empresas, orientar a súa traxectoria profesional ou lanzar o seu propio proxecto.

Contido

O Programa SONEXECUTIVA consta dun programa formativo en Liderado, Creatividade e Empoderamento feminino en dous niveis formativos, onde a diferenza radica na experiencia e situación profesional das destinatarias da formación.

As alumnas que finalicen a formación en Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino, e sexan seleccionadas para a seguinte fase, poderán obter algunha das certificacións máis recoñecidas a nivel mundial do Project Management Institute (PMI)®, podendo optar á certificación PMP®, no caso de cursar o nivel 1 do programa, ou á certificación CAPM®, se estudan o nivel 2 do mesmo.

O programa inclúe, ademais, para cada participante un proceso de coaching individualizado que impulsará a consecución dos obxectivos particulares mediante o adestramento executivo conversacional.

Saber máis

Estructura do programa – planning

Xornada inaugural

21 de febreiro de 2020

Santiago de Compostela

Curso Executivas. Nivel 1/ Nivel 2

Febreiro – Xullo 2020

A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago

Curso certificación – PMP®/CAPM®

Abril – Setembro 2020

Santiago de Compostela

Coaching individualizado

Febreiro – Setembro 2020

A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago

Xornada de clausura NETWORKING

Setembro 2020

Santiago de Compostela

Metodoloxía

Todas as xornadas e cursos de formación do programa realizaranse de forma presencial, a través dunha metodoloxía de aprendizaxe experiencial con dinámicas de alto impacto, moi preto dun proceso de coaching en todas as sesións.

Realizaranse para cada un dos niveis formativos dúas edicións en cada unha das principais cidades galegas (A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra), formándose catro grupos de 20 mulleres en cada unha das cidades.

Nas sesións formativas traballarase con laboratorios, así como en forma de exercicios e casos prácticos, que equivalen a cápsulas de formación presencial práctica de curta duración en temas chave e emerxentes para o liderado, a creatividade e o empoderamento da muller.

Proporcionarase a todas as alumnas o acceso a unha aula virtual, que se trata dun espazo de aprendizaxe virtual dende onde se terá acceso a todos os materiais didácticos e á documentación utilizada nas sesións realizadas polos docentes do programa, ademais de fomentar a creación dunha rede de networking entre as participantes, co obxectivo de mellorar os coñecementos a través da aprendizaxe colaborativa.

Se queres mellorar as oportunidades do teu talento feminino para acceder a postos de maior responsabilidade, este é o programa que necesitas.

Desafíate e inscríbete no Programa SONEXECUTIVA!

Inscribirme agora