Itinerarios formativos

O Programa SONEXECUTIVA realizarase en dous niveis formativos, nos que a diferenza se encontra na experiencia previa e na situación profesional das participantes. O nivel 1 está destinado a mulleres con algún cargo directivo e experiencia profesional, empresarias en activo (como por exemplo autónomas) ou que estean a desenvolver responsabilidades de xerencia nunha pequena ou mediana empresa, e o nivel 2 diríxese a mulleres recentemente tituladas universitarias ou en FP con perfil de alta cualificación que desexen acceder a postos intermedios nas empresas, orientar a súa traxectoria profesional ou lanzar o seu propio proxecto.

O programa inclúe, polo tanto, formación en dous niveis no Curso Executiva. Programa de Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino, dirixido a 400 participantes, que se realizará nas principais cidades de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra.

Formando parte do itinerario formativo, o 20% das participantes poderán realizar un Curso de Dirección de Proxectos – Preparación da Certificación Oficial PMP® ou CAPM®, segundo corresponda ao nivel formativo e de experiencia da participante. Este curso realizarse para todas a participantes seleccionadas en Santiago de Compostela.

Itinerario Nivel 1

Curso Executiva. Programa de Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino. Nivel 1. (20 horas)

Realizaranse dúas edicións, de 20 participantes, en cada unha en cada unha das seguintes cidades de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

O curso desenvolverase en cinco sesións consecutivas, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30h.

  • Habilidades fundamentais de xestión
  • Coñecendo ao individuo
  • Comunicación
  • Asertividade
  • Empatía e Cambio
  • Traballo en equipo
  • Axuda mutua
  • Aprender a ensinar
  • Liderando o equipo
  • Delegación e motivación
  • Compromiso dos colaboradores
  • Xestión de conflitos
  • Xestión do estrés e mindfulness
  • Optimización do tempo con eficacia – jobcrafting. Prácticas para aumentar a eficiencia e conseguir a conciliación laboral
  • Comunicación persoal. Programación Neuro Lingüista ( PNL) aplicada á mellora da comunicación
  • Marca persoal e marca persoal dixital – Visibilidade e desenvolvemento profesional
  • Estratexia dixital persoal – Networking dixital
  • Diferenciar entre High Performance e High Potential – Xerar autoconfianza, fomentar a proactividade e a visibilidade do talento feminino na contorna laboral
  • Crear redes profesionais na organización e fóra da organización
  • Relacións sociais, conciliación rendible e traballo flexible. Corresponsabilidade
  • Exercer o liderado e a Influencia sobre os colaboradores (Xestión da Negociación Salarial)
  • Empoderamento da linguaxe. Superando o Teito de Cristal e o Teito de Cemento

Curso de Dirección de Proxectos PMP® (40 horas)

Realizaranse dúas edicións, de 20 participantes en cada unha, en Santiago de Compostela.

O curso desenvolverase en dez sesións, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30h.

Tema 1.- A Certificación PMP®; Introdución

Tema 2.- Marco Conceptual

Tema 3.- Área de Xestión da Integración

Tema 4.- Área de Xestión do Alcance

Tema 5.- Área de Xestión do Cronograma

Tema 6.- Área de Xestión dos Custos

Tema 7.- Área de Xestión da Calidade

Tema 8.- Área de Xestión dos Recursos

Tema 9.- Área de Xestión das Comunicacións

Tema 10.- Área de Xestión dos Riscos

Tema 11.- Área de Xestión das Adquisicións

Tema 12.- Área de Xestión do Interesados

Tema 13.- Aspectos non recollidos na Guía do PMBOK®

Tema 14.- Código Ético do Project Manager, responsabilidade profesional.

Tema 15.- Preparación da documentación para o exame de certificación PMP®. Co achegamento a este tema comezarase a traballar cos simuladores online dos exames PMP®

Itinerario Nivel 2

Curso Executiva. Programa de Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino. Nivel 2. (20 horas)

Realizaranse dúas edicións, de 20 participantes en cada unha das seguintes cidades Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

O curso desenvolverase en cinco sesións consecutivas, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30h.

  • Habilidades fundamentais de xestión
  • Coñecendo ao individuo
  • Comunicación
  • Asertividade
  • Empatía e cambio
  • Traballo en equipo
  • Axuda mutua
  • Aprender a ensinar
  • Liderando o equipo
  • Delegación e motivación
  • Compromiso dos colaboradores
  • Xestión de conflitos
  • Xestión do estrés e mindfulness
  • Optimización do tempo con eficacia – jobcrafting. Prácticas para aumentar a eficiencia e conseguir a conciliación laboral
  • Comunicación persoal. Programación Neuro Lingüista ( PNL) aplicado a mellóra da Comunicación
  • Marca persoal e marca persoal dixital – Visibilidade e desenvolvemento profesional
  • Estratexia dixital persoal – Networking dixital
  • Aprendendo a liderar. Exercer o liderado e a influencia sobre os colaboradores
  • A análise e a toma de decisións
  • Negociación persoal e profesional
  • Fomentar a proactividade e a visibilidade do talento feminino na contorna laboral
  • Crear redes profesionais na organización e fóra da organización. Relacións Sociais
  • Empoderamento da linguaxe. Superando o Teito de Cristal e o Teito de Cemento

Curso de Dirección de Proxectos CAPM® (40 horas)

Realizaranse dúas edicións, de 20 participantes en cada unha, en Santiago de Compostela.

O curso desenvolverase en dez sesións, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30h.

Tema 1.- A Certificación CAPM®; Introdución

Tema 2.- Marco Conceptual

Tema 3.- Área de Xestión da Integración

Tema 4.- Área de Xestión do Alcance

Tema 5.- Área de Xestión do Cronograma

Tema 6.- Área de Xestión dos Custos

Tema 7.- Área de Xestión da Calidade

Tema 8.- Área de Xestión dos Recursos

Tema 9.- Área de Xestión das Comunicacións

Tema 10.- Área de Xestión dos Riscos

Tema 11.- Área de Xestión das Adquisicións

Tema 12.- Área de Xestión do Interesados

Tema 13.- Aspectos non recollidos na Guía do PMBOK®

Tema 14.- Código Ético do Project Manager, responsabilidade profesional.

Tema 15.- Preparación da documentación para o exame de certificación CAPM®. Co achegamento a este tema comezarase a traballar cos simuladores online dos exames CAPM®

Cuadro docente

Aquilino LousaDocente e coach
Psicólogo, experto en crecemento e desenvolvemento persoal con máis de 25 anos de experiencia axudando a líderes a desenvolver as súas habilidades persoais e profesionais.

Dende hai máis de 10 anos traballa como “coach” persoal con directivos, autónomos, e mandos intermedios. Apaixonado co que fai, goza falando e traballando con emocións e cada vez está máis convencido de que o liderado é un liderado emocional.

Carmen
Carmen SalvadorDocente e coach
“Interim Manager” de desenvolvemento de RRHH, Psicóloga, “coach” executiva e de equipos, “Practitioner” en PNL e especialista en “mindfulness” e xestión emocional.

Desenvolve tarefas de xerencia en Eurogalicia Consultores, é asesora e colabora coas organizacións na identificación e a xestión do talento, en procesos de cambio, xestión cultural e desenvolvemento de liderado. Acompaña a Directivos, propietarios de negocio e Emprendedores no deseño de estratexias para conseguir os seus obxectivos profesionais e persoais a través do desenvolvemento das competencias chave para o liderado e a dirección.

Roberto TouzaDocente
Relacionado co mundo empresarial desde hai máis de 14 anos, cando fundou a súa primeira empresa con tan só 20 anos. Naquel momento a palabra “startup” nin tan sequera existía.

Polo camiño aprendeu e experimentou con bastantes proxectos empresariais: traballou para unha multinacional como IBM, pechou dúas empresas, traballou nun laboratorio de investigación TIC na Universidade, participou na creación dun centro de apoio do emprendemento na Róterdam School of Management, na Erasmus University nos Países Baixos, e desenvolveu e implantou a primeira aceleradora de startups baixo metodoloxía Lean Startup que impulsou a Comunidade de Madrid, entre outras.

Dende hai 8 anos axuda a empresas, “startups” e institucións a implantar estratexias de innovación para ter éxito na xeración e posta en valor de novos produtos e servizos.

Vanessa FernándezDocente
Experta en transformación dixital na área de RRHH. Asesora a empresas para a integración de tecnoloxías que posibiliten a optimización de procesos na procura da súa competitividade e axuda a detectar o valor engadido que a empresa pode ofrecerlle aos seus clientes.

Como Directora de RRHH xestionou a procura de talento profesional, dirixindo equipos e potenciando as súas habilidades para a consecución dunha cultura de alto rendemento, tarefas esenciais para a consecución do éxito empresarial. Actualmente, é responsable de proxectos tecnolóxicos en Valkia Consultores e permanece directamente implicada en procesos de cambio, desenvolvemento de competencias, procura de talento e liderado empresarial.

Jose MoroDocente
Enxeñeiro Industrial, PMP® polo PMI e SAFe Program Consultant, posúe experiencia en proxectos de distinta índole (TIC, Aeronáutico, Sociedade da Información e Industrial) en grandes compañías como Accenture, Ineco, etc liderando proxectos en toda Europa.

É consultor especializado en Project Management e axuda a organizacións de todo tipo a implantar metodoloxías áxiles e preditivas e sistemas de información de xestión de proxectos.