Inscrición de participantes

Aberto o prazo de inscrición de participantes nas cidades de Lugo e Ourense!

Está aberto o prazo de inscrición de participantes no Programa SONEXECUTIVA nas cidades de Lugo e Ourense.

Programa SONEXECUTIVA está constituído fundamentalmente por un programa formativo en Liderado, Creatividade e Empoderamento feminino. Este programa está estruturado en dous niveis , un nivel 1 dirixido a mulleres con algún cargo directivo e experiencia profesional e empresarias en activo que sexan autónomas ou desenvolvan tarefas de xerencia dunha pequena ou mediana empresa, e un nivel 2 destinado a mulleres recentemente tituladas universitarias ou en FP, con perfil de alta cualificación, que desexen acceder a postos intermedios nas empresas ou orientar a súa traxectoria profesional ou lanzar o seu propio proxecto.

De xeito adicional, as alumnas que finalicen a formación en Liderado, Creatividade e Empoderamento, e sexan seleccionadas segundo criterios obxectivos, poderán obter algunha das certificacións máis recoñecidas a nivel mundial do Project Management Institute (PMI)®, podendo optar á certificación PMP®, no caso de cursar o nivel 1 do programa, ou á certificación CAPM®, se estudan no nivel 2 do mesmo.

O programa inclúe, ademais, para cada participante un proceso de coaching individualizado que impulsará a consecución de obxectivos particulares mediante o adestramento executivo conversacional.

O Programa busca mellorar as oportunidades do talento feminino galego para acceder a postos de maior responsabilidade e alta dirección das empresas.

Inscríbete agora