Coaching

O programa de coaching, incluído dentro do Programa SONEXECUTIVA, está dirixido a todas as participantes e ten unha duración de 4 horas de adestramento individualizado, dividido en tres sesións. Trátase dun programa de adestramento profesional individual para canalizar o alto potencial feminino. É un programa que pretende descubrir o talento, a sabedoría e a capacidade de cada unha das participantes para poñer estas virtudes ao servizo dos seus retos e obxectivos profesionais e persoais, axudando a identificar e desenvolver o talento escondido nas organizacións.

Co coaching executivo, as participantes desenvolven habilidades relacionados coa auto aprendizaxe, o liderado, a orientación ao logro, a visión empresarial, a motivación, a planificación, a organización, a adaptabilidade, a flexibilidade e a negociación, entre outras.

O obxectivo do programa de coaching é o deseño dun plan de mellora persoal individualizado (IDP: Individual Development Program) mediante un programa de desenvolvemento para cada unha das alumnas e segundo a súa contorna.

Planificación das sesións

thumbs upe

Sesión 1

Acordo e Obxectivos

thumbs upe

Sesión 2

Coaching Executivo. Seguimento de obxectivos definidos

thumbs upe

Sesión 3

Avaliación de resultados, entrega do IDP e plan de continuación

Coaches

PGF
Pablo GarcíaCoach
Ten a misión de dirixir a súa creatividade e a súa capacidade como facilitador de desenvolvemento persoal e coach, unha tarefa que contribúe a facultar ás persoas, empresas e sociedade en xeral, para que a rendibilidade non se mida unicamente polos números, senón polo crecemento persoal e a contribución á construción dunha sociedade mellor.
Iago Roel
Santiago RoelCoach
Psicólogo de alto rendemento de persoas e equipos e certificado en coaching. Traballou no R. C Celta de Vigo e colaborou co RC Deportivo da Coruña, Pontevedra Club de Fútbol e con deportistas olímpicos.

A nivel empresarial colaborou con diferentes empresas de nivel internacional e participou como docente e coach no programa Executiva 2016.

Actualmente é o director da área de psicoloxía de Onfisio.com

Manuel Darriba
Manuel DarribaCoach
Despois de doce anos ligado á consultaría de negocio e a diversas multinacionais da gran distribución, en 2017 cofundou o proxecto Koesencia co obxectivo de acompañar a persoas e organizacións no seu camiño de aprendizaxe, crecemento e transformación.

É coach executivo e formador en competencias transversais e liderado.

Carmen
Carmen SalvadorCoach y docente
“Interim Manager” de desenvolvemento de RRHH, Psicóloga, “coach” executiva e de equipos, “Practitioner” en PNL e especialista en “mindfulness” e xestión emocional.

Desenvolve tarefas de xerencia en Eurogalicia Consultores, é asesora e colabora coas organizacións na identificación e a xestión do talento, procesos de cambio, xestión cultural e desenvolvemento de liderado. Acompaña a Directivos, propietarios de negocio e Emprendedores no deseño de estratexias para conseguir os seus obxectivos profesionais e persoais a través do desenvolvemento das competencias chave para o liderado e a dirección.

Eliana OliverosCoach y docente
Economista, Coach executiva, “Practitioner” en PNL, Conferenciante e Formadora especializada en Liderado Intelixente e Desenvolvemento de Equipos.

Leva máis de 7 anos axudando a líderes de pymes e multinacionais a transformar o seu liderado para dar un salto na súa carreira e crecer laboral e personalmente.

Acompañou e mentorizou a centos de directivos e mandos intermedios de empresas como Volkswagen, Audi, MediaMarkt, Meliá Hoteis e Banco Santander axudando a conectar coa súa esencia, sacar a súa mellor versión, gañar seguridade e confianza, tomar decisións con claridade e poñerse en acción liderando con cabeza e corazón.

Aquilino LousaCoach y docente
Psicólogo, experto en crecemento e desenvolvemento persoal con máis de 25 anos de experiencia axudando a líderes a desenvolver as súas habilidades persoais e profesionais.

Dende hai máis de 10 anos traballa como coach persoal con directivos, autónomos, e mandos intermedios. Apaixonado co que fai, goza falando e traballando con emocións e cada vez está máis convencido de que o liderado é un liderado emocional.

Teresa PérezCoach
Psicóloga, Psicoterapeuta humanista e Coach persoal e executivo certificado. Especializada en Intelixencia emocional, Mindfulness e formación de alto rendemento e desenvolvemento persoal.

Fundadora de e- movere, combina a súa actividade como empresaria e psicoterapeuta realizando coaching e formación de alto rendemento para a empresa e executivos. Ten no seu haber máis de 20 anos de experiencia en dirección de empresa e equipos.

Participou en programas de formación como Líderes do Futuro, Forum Ciceron e a edición en 2016 de Executiva.